Quén son?

Son psicólogo con orientación en psicoloxía clínica licenciado pola Universidade de Santiago de Compostela (núm. col. M-30734), onde actualmente curso un Máster en Neurociencia. Estou habilitado para a práctica profesional sanitaria. Durante a miña formación busquei obter unha visión integral da persoa, tentando non quedarme so cunha parte do que somos. Recibín formación en psicoterapia breve sistémica, terapia grupal e psicoterapia gestalt. 

Investigo a nivel persoal temas relacionados coa psicoloxía analítica (junguiana), a psicanálise, a psicoloxía humanista, os procesos creativos e a antropoloxía.

Fun voluntario na asociación Alento de dano cerebral e colaborei co CEE O Pedroso de Santiago para nenos con problemas graves de conduta. Traballo dende hai anos facendo acompañamento creativo para artistas.

Levo mas de catro anos axudando a moita xente a mellorar a súa vida e as súas perspectivas vitais. A finais do 2014 enfoqué os meus esforzos nun proxecto que desembocou na creación de EIDÉ ESTAR MELLOR.

Considero que é de suma importancia cultivar a nosa parte creativa, por esa razón estudo canto tradicional, fiddle, e escritura creativa.