Qué somos?

A nosa esencia

Partimos dunha concepcion da persoa como construtora da sua propria realidade. Somos responsables do que facemos na nosa vida para estar mellor, dos cambios concretos que nos levan a ese estado. En Eidé axudaremos nesa procura, a que se realice ese cambio de perspectiva, e se actue para conectar co que realmente queremos.

Eidé é conexión, esencia e cambio, é estar mellor

Quén son?

Son psicólogo con orientación en psicoloxía clínica licenciado pola Universidade de Santiago de Compostela (núm. col. M-30734), onde actualmente curso un Máster en Neurociencia. Estou habilitado para a práctica profesional sanitaria. Durante a miña formación busquei obter unha visión integral da persoa, tentando non quedarme so cunha parte do que somos. Recibín formación en psicoterapia breve sistémica, terapia grupal e psicoterapia gestalt. 

Investigo a nivel persoal temas relacionados coa psicoloxía analítica (junguiana), a psicanálise, a psicoloxía humanista, os procesos creativos e a antropoloxía.

Fun voluntario na asociación Alento de dano cerebral e colaborei co CEE O Pedroso de Santiago para nenos con problemas graves de conduta. Traballo dende hai anos facendo acompañamento creativo para artistas.

Levo mas de catro anos axudando a moita xente a mellorar a súa vida e as súas perspectivas vitais. A finais do 2014 enfoqué os meus esforzos nun proxecto que desembocou na creación de EIDÉ ESTAR MELLOR.

Considero que é de suma importancia cultivar a nosa parte creativa, por esa razón estudo canto tradicional, fiddle, e escritura creativa.

Contacto

Podes poñerte en contacto con nós no numero de telefono: 678313477.

Ou a traves do perfil en Doctoralia facendo clic no seguinte icono:

 Eduardo A. Ortiz en Doctoralia

Eduardo A. Ortiz